Resis Festival

WORKSHOP RESIS.LAB
OBRADOIRO DE COMPOSICIÓN
REAL FILARMONÍA DE GALICIA

COMPOSITOR | J. M. SÁNCHEZ-VERDÚ
DIRECTOR | JORDI FRANCÉS

DO LUNS 5 AO XOVES 8 de maio
AUDITORIO DE GALICIA
[SANTIAGO DE COMPOSTELA]
演出照片

YEHONG GAO

Yehong Gao, naceu e creceu na cidade de Shaoxing/provincia de Zhejiang, República Popular China en 1996. Estudou composición de licenciatura e mestría na clase do Prof. Hanspeter Kyburz na Hochschule für Musik Hanns Eisler Berlín de 2016 a 2022. Desde 2022 comezou os seus estudos de Konzertexamen co Prof. Oliver Schneller na Robert Schumann Hochschule Düsseldorf. En setembro de 2019 gañou o primeiro premio no Concurso Internacional de Composición para Ópera de Cámara de Xangai coa súa composición “The Snowstorm”. En 2023, a Deutsche Radio Philharmonie interpretou a obra orquestral “A Supring Dream” en Saarbrücken. Ese mesmo ano recibiu o encargo para o festival de música “Tage für neue Musik Izmir” e compuxo o cuarteto “Die Erschütterung” para E-Mex Ensemble. En 2024, gañou o Premio de Composición Heinrich Heine coa súa composición «Dás Märchen» para percusión, narrador, piano, violín e violoncelo. En outubro dese mesmo ano, a súa nova ópera de cámara «Spiegel Blumen Mond» estreouse no Maxhaus Düsseldorf.