Á fronte do concerto inaugural do festival estará Nacho de Paz, director especializado nas sonoridades contemporáneas e referente en Europa, que dirixirá a Arxis Ensemble, formación nada no contexto da pasada edición do RESIS. Poderemos asistir a STILL, de Beat Furrer, que repite este ano no festival.
Tamén é estrea en España LA LUMIÈRE DU NOIR, de Alberto Posadas. Claudia Cañamero tráenos unha preestrea de GRAN HOTEL ABISMO. Ademais, para pechar o programa, teremos a estrea absoluta de LIBRO DELLE IMMAGINI V, a nova obra de Hugo Gómez-Chao, que na actualidade é compositor residente na Real Academia de España en Roma.