Resis Festival

DESENVOLVEMENTO  |  MANUEL DE ALVARADO
IMG_0889
Manuel de Alvarado é xestor cultural especializado en proxectos internacionais e programación artística. Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid, completou un máster en colaboración coa Universidade da República de Uruguai, realizando unha estancia en Montevideo centrada no análise de políticas públicas, o que lle permitiu combinar a mirada política coa comprensión das dinámicas culturais e sociais en contextos diversos. Ademais, conta con formación en Administración de Empresas e Dirección de Recursos Humanos, desenvolvendo experiencia en cultura organizacional, políticas de igualdade, diversidade e inclusión, así como na produción de eventos e xestión de relacións laborais, sempre cun enfoque orientado a proxectos culturais.

A súa traxectoria no ámbito cultural combina a xestión de proxectos, a programación artística e a promoción da creación contemporánea. En El Salvador, coordinou máis de dez ciclos de cine no Centro Cultural de España, colaborando con festivais españois e con artistas locais, incluíndo creadores exiliados, promovendo a difusión do cine como expresión artística e ferramenta de reflexión social. Participou tamén no programa Cartografías Líquidas, colaborando no montaxe de exposicións en San Salvador e Tegucigalpa, e na coordinación das residencias artísticas AfroEste, formando parte do tribunal de selección de candidatos.

En España, formou parte do equipo de produción de LESGAICINEMAD, participando activamente na 29.ª edición como asistente de produción e coordinación artística, e na 30.ª edición como membro do comité de selección de candidaturas. Posteriormente, traballou como técnico de proxectos internacionais na Fundación Internacional e para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas (FIIAPP), xestionando proxectos con proxección internacional. Actualmente, forma parte do equipo de AÏS e do Festival RESIS de Música Contemporánea de A Coruña, desenvolvendo a xestión de proxectos e a programación do festival e da asociación, consolidando a súa traxectoria como xestor cultural comprometido coa promoción da arte, a cooperación internacional e a creación de experiencias culturais transformadoras.