O Festival RESIS en colaboración A Real Filharmonía de Galicia, organizará un taller de lecturas de novas obras sinfónicas co fin de ser un estímulo para compositores e compositoras que estean a comezar a súa carreira formativa no ámbito da música clásica.
As actividades deste taller serán levadas a cabo de forma presencial os días 5, 6, 7, 8 e 9 de maio de 2025 no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela, España).
Ao finalizar a semana, realizarase un concerto final aberto ao público e unha gravación, sen fins comerciais, das obras elixidas.
O taller será guiado polo compositor José María Sánchez-Verdú e polo director Jordi Francés.