Resis Festival

CONCERTO
LIÑAS DE AUGA
GERHARD QUARTET
SÁBADO 10 DE MAIO 19:00H
MUSEO DE BELAS ARTES
[A CORUÑA]
ENTRADA DE BALDE

RECOLLIDA DE INVITACIÓNS A TRAVÉS DE ATAQUILLA.COM OU NO QUIOSCO PRAZA OURENSE
PROGRAMA
Liñas de auga (Cuarteto para cordas II)*
Jacobo Gaspar

Cuarteto para cordas
Witold Lutoslawski

Cuarteto para cordas nº8
Dimitri Shostakovich


*Estrea Absoluta, obra de Encargo do Festival Resis co apoio da Erns von Siemens Fundation
Equipo artístico
VIOLÍN | LLUÍS CASTÁN COCHS
VIOLÍN | JOEL BARDOLET VILARÓ
VIOLA | MIQUEL JORDÀ SAÚN
CELLO | JESÚS MIRALLES ROGER
Considerado un dos cuartetos con máis proxección a nivel europeo, o Quartet Gerhard distínguese polo seu remarcable sensibilidade polo son e por un respecto profundo pola música como un dos maiores valores humanos.
Como cuarteto as súas principais influencias foron en Basilea (Rainer Schmidt) e Berlín (Eberhard Feltz). No ano 2018 se graduaron en Master na prestixiosa Hochscule für Musik und Theater Hannover con matrícula de honra.

Gañadores de varios premios nacionais e internacionais, o Cuarteto Gerhard participou en importantes escenarios internacionais como Elbphilharmonie Hamburg, Concertgebouw Amsterdam e Muziekgebouw (dentro da String Quartet Biennale Amsterdam 2020), tempada de música de cámara Stadt-Casino de Basilea (Suíza), o festival de cuartetos de corda de Bordeus e o Festival Radio France Montpellier (Francia), tempada Musikamera na Fenice de Venecia (Italia) entre outros. Tamén foron convidados a Festivais de verán de prestixio como a Schubertiada de Vilabertran, Festival Pau Casals do Vendrell, Porta Ferrada, Aix-en-Provence e Verbier.

A partir da Tempada 18/19 son artistas residentes no Palau da Música de Barcelona e do Auditorio Josep Carreiras de Vilaseca e desde a 2021 o son no Festival Internacional de Torroella e na Quincena Musical de San Sebastián coa integral dos cuartetos de Shostakovich.
É destacable o seu compromiso coa música de nova creación, actuando en eventos relevantes como o ciclo do CNDM de Madrid (España), Nuit da Création en Aix-enProvence (Francia) e no Arnold Schoenberg Center de Viena (Austria). As súas interpretacións foron retransmitidas por Catalunya Música, RNE (Radio Nacional de España), NDR e SWR (Alemaña), BBC (UK) e France Musique (Francia).

A nivel discogáfico cabe destacar o seu álbum Portrait (Seed Music 2016) – premio da crítica ao mellor CD 2016 , un lanzamento con obras de Kurtag, Berg e Schumann baixo discográfica Harmonia Mundi International e un último álbum coa discográfica francesa Klarthe (“Ad www.resisfestival.com Astra”) con obras de Debussy e Humet, tamén premio a “Mellor disco de clásica 2023” para o Grup Enderrock.