“Como peixe fóra da auga” é unha performance ligada ao contexto, inseparable do lugar onde acontece: na sala Nautilus do Aquarium Finisterrae e na súa terraza aberta ao Atlántico.
Un lugar con carácter inmersivo e orgánico e o seu exterior, que abre e presenta o corpo e a mirada ao horizonte.
Convida ao público a unha experiencia activa a través do desprazamento e o son, dialogando coa artista e a fauna mariña, diluíndo as fronteiras entre observador e observado, entre interior e exterior, entre humano e…
Ana Gesto performa coa súa filla Berta Alonso Gesto coa colaboración no espazo sonoro de Marco Maril.
Ana Gesto (Santiago de Compostela, 1978) é artista visual e performer, licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Na súa traxectoría conta coa participación en numerosos festivais e exposicións a nivel nacional e internacional. A súa obra fusiona performance, escultura e experimentación sonora. Traballa con obxectos de forte carga simbólica e co son como elemento esencial, explorando a identidade e o territorio, dándolle especial relevancia ao espazo público e social.