Resis Festival

PROXECTO DIDÁCTICO/PERFORMANCE
A PROXECCIÓN SONORA [II]
Arxis Percussion Group + GOSIA TREBACZ
ENTRADA DE BALDE

RECOLLIDA DE INVITACIÓNS A TRAVÉS DE ATAQUILLA.COM OU QUIOSCO PRAZA OURENSE
EQUIPO ARTÍSTICO
DIRECCIÓN | HUGO-GÓMEZ-CHAO
MÚSICOS | ARXIS PERCUSSION GROUP
VIDEOCREADORA | GOSIA TREBACZ

Un concerto para percusión e luz deseñado co obxectivo de achegar a música experimental contemporánea ao público en xeral e ás personas con discapacidade auditiva en particular.

Financiada pola Fundación Emalcsa dentro da VI Convocatoria ‘Cultura accesible e Inclusiva’, conta ca colaboración de Acoprós (Asociación de colaboración e promoción de personas sordas) e Faxpg (Federación de Asociación de Persoas Xordas) e celébrase no Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (Muncyt).

Pola súa parte, o proxecto pedagóxico A PROXECCIÓN SONORA, impartido polo equipo docente de ARXIS PERCUSSION GROUP. A través dunha serie de talleres, os e as participantes introduciranse, de maneira activa, nas diferentes prácticas sonoras contemporáneas. Ademais, estableceranse puntos de encontro, diálogo e creación artística entre persoas xordas e músicos.