Skip to main content

Resis Festival

concerto
Hugo Gómez-Chao Porta

“EL TIEMPO MENOS SOLO” /

(Sobre poemas de Abraham Gragera)

Sábado, 5 de maio

21:00h
Igrexa de Santiago
A CORUÑA
Entrada libre
(ata completar aforo)
< volver a programa

O Festival RESIS de Música Contemporánea inaugura a súa proposta de concertos espectaculares en espazos emblemáticos da nosa cidade con esta orixinal aposta: híbrida de poemas e música, nunha das igrexas máis peculiares e enxebres da Cidade Vella coruñesa.

Crese que a Igrexa de Santiago é a máis antiga da cidade; cando se alza a súa estrutura orixinal hai moi pouco que Galicia e Portugal veñen de se dividir entre dona Urraca e dona Teresa por mor de alianzas estratéxicas; nas cortes nobres salaian co novo xogo fin’amor –o amor cortés, base do amor romántico– de influxo provenzal; alguén comeza a escandir o Mio Cid mentres por aquí se troban as primeiras cantigas de amor, Paio Soares de Taveirós escribe iso de

​No mundo non me sei parelha,
mentre me for’ como me vai,
ca ja moiro por vós – e ai!
mia senhor branca e vermelha

​e o Arcebispo Xelmírez artella e argalla, en tanto que a fame negra arrasa e as fogazas de pan venéranse no campo coma tesouros. É pleno século XII.

O templo foi do gremio dos Alfaiates [xastres], de aí os seus gravados de tesouras e outros aveños na pedra de cantaría. No seu adro celebrábanse os plenos medievais do concello. Desolouse en incendios. Remodelouse no gótico. A súa fachada oriéntase cara á Santiago de Compostela [nela veredes a Santiago dacabalo]. E todos os que cantamos algunha vez alí sabemos dos prodixios da súa acústica.

Un espazo arquitectónico onde o tempo fica en suspenso, onde trazas e sombras dos últimos 800 anos terán que verse con texto e partitura do século XXI.

Algúns poemas e versos soltos do libro El tiempo menos solo (Pretextos, 2012) do poeta Abraham Gragera son o pé para que o compositor Hugo Gómez-Chao entreteza nove escenas: unha cantata case ópera, sen fío dramático, pero si de alta tensión lírica. Nelas, a palabra atomízase, desnobélase e volve a nos abrigar por medio dun ensemble de violín, viola, violonchelo, contrabaixo, frauta baixa, piano, percusión, coro e soprano solista. A escena queda ao coidado de Luz Arcas, coreógrafa e directora da compañía de danza contemporánea La Phármaco.

Unha viaxe alucinante ás partículas elementais do son, dende a palabra a tinta no poema até o corpo iluminado, pasando pola voz humana, a corda frotada ou percutida, o vento e a madeira.

EQUIPO ARTÍSTICO
Composición e dirección /
Hugo Gómez-Chao Porta
Dirección de coro /
Antonio Facal Rivas
Soprano solista /
Carolina Pérez Vázquez
Sopranos /
Ana Calvo Conchado
Iria Fernández Haz

Altos /
Guadalupe Teuntor
María Rivera Fraga

Tenores /
Álvaro Miguélez Rouco
Eloy Vázquez Fontenla

Baixos /
Antonio Facal Rivas
Christian Casas Hernández

Frauta /
Joan Ibáñez
Percusión /
Alejandro Sanz
Sabela Caridad García

Piano /
Julio Mourenza
Violín /
Jorge Montes
Viola /
Despina Ionescu
Cello
Alexandre Llano
Contrabaixo /
Antonio Romero Cienfuegos
Presenta /
Estíbaliz Espinosa
Poeta /
Abraham Gragera
Escena /
Luz Arcas
Iluminación /
Octavio Más Ibáñez

+

      NOTAS DE CONCERTO

LOCALIZACIÓN