Resis Festival

CONCERTO
IRONIC CONCERT
BANDA MUNICIPAL DA CORUÑA
XOVES 7 DE MAIO 2026
20:00H, TEATRO COLÓN
[A CORUÑA]
ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO
PROGRAMA
From whom the idiophones toll?
Nani García

Concerto sobre textos futuristas de Joan Salvat-Papasseitm
Ximo Tarín Micó

Ironic Concert*
Voro García

Music For Prague
Karel Husa


*ESTREA EN GALICIA
Equipo artístico
Banda Municipal da Coruña

DIRECTOR: JUAN MIGUEL ROMERO LLOPIS
OBOE SOLISTA: AITOR LLIMERÁ GALDUF
Juan Miguel Romero

A Banda Municipal de Música da Coruña [BMMC], dirixida por Juan Miguel Romero Llopis, afronta un novo reto no Festival RESIS cun programa en torno á nova escritura para instrumentos de vento que se abrirá coa overtura From whom the idiophones toll?, obra para banda sinfónica composta en 2016 polo prestixioso pianista e compositor coruñés Nani García.  Inclúe unha estrea en Galicia, a de Ironic Concert, do valenciano Voro García -unha obra de 2025 que xoga coa sorpresa e o contraste-; ademáis do Concierto sobre textos futuristas de Joan Salvat-Papasseitm, unha composición de 2024 de Ximo Tarín. A banda interpretará tamén unha composición clásica como Music For Prague 1968, obra do checo Karel Husa que escribiu en homenaxe á revolución coñecida como Primavera de Praga dende o exilio en EE UU.

BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DA CORUÑA [BMMC]

Dirixida por Juan Miguel Romero Llopis, a BMMC é unha das institucións musicais con máis arraigo e prestixio de Galicia. Cunha traxectoria centenaria, a formación soubo reinventarse para converterse nun referente de modernidade, destacando polo seu compromiso coa creación contemporánea e a difusión de novas linguaxes sonoras. A súa programación integra desde grandes clásicos ata arranxos de vangarda, sempre cun forte enfoque pedagóxico e unha estreita vinculación coa comunidade local.
PÁXINA WEB

AITOR LLIMERÁ GALDUF

Aitor Llimerá é un oboísta, compositor e profesor cunha sólida reputación internacional que abrangue ámbitos solista, orquestral, de cámara e académico. A súa actividade artística caracterízase pola versatilidade estilística, cun interese particular na práctica interpretativa histórica, a música contemporánea e a creación de novo repertorio para óboe. Comezou a súa formación musical na Escola Banda Primitiva de Llíria co seu pai, Vicent Llimerá, e continuouna no Conservatorio Profesional de Música de Llíria. Completou os seus estudos superiores de óboe no Conservatorio Superior de Música Joaquín Rodrigo de Valencia con Francisco Salanova, graduándose con matrícula de honra e recibindo o Premio Fin de Estudos. Simultaneamente, estudou Composición con Andrés Valero-Castells e Ferrer Ferran. É doutor en Música (con matrícula de honra) pola Universidade Politécnica de Valencia. Recibiu formación de destacados profesores como Lothar Koch, David Walter, Stefan Schilli e Hansjörg Schellenberger. Actualmente é profesor de oboe no Conservatorio José Iturbi.
PÁXINA WEB