Resis Festival

INSTALACIÓN SONORA | PROXECTO DIDÁCTICO INCLUSIVO
A PROXECCIÓN SONORA
AQUA MATRIX
SÁBADO 9 DE MAIO 2026
13:00H, MUNCYT
[A CORUÑA]
DOCENTES
Marco Maril
Mercedes Touzón
Lola Corzo
IMG-20260318-WA0007

A Proxección Sonora é un proxecto inclusivo que busca fomentar a participación de persoas con diversidade funcional na creación sonora e nas artes contemporáneas. Durante os talleres, os participantes exploran técnicas de son e composición, promovendo a aprendizaxe, a colaboración e a visibilización do talento creativo de todas as persoas implicadas. O proxecto culminará coa presentación dos resultados o 16 de maio, xornada na que se mostrarán as creacións desenvolvidas, celebrando a diversidade e a creatividade colectiva. A iniciativa conta coa colaboración de diversas asociacións de persoas con discapacidade, como ASPRONAGA e FAXPG, e do MUNCYT.

Dentro do programa, despregarase a instalación Aqua Matrix, que incorpora metodoloxías inclusivas, multisensoriais e ecofeministas. Trátase dunha exploración artística e pedagóxica da auga entendida non só como substancia vital, senón como símbolo profundo de transformación, memoria e vínculo. As actividades do proxecto nutriranse da contorna natural e urbana da Coruña, tomando como matrices espaciais lugares vinculados simbolicamente á auga: o embalse de Cecebre, os espacios de distribución, as torres de depósito, o acuario e a apertura caro ao mar do Orzán.