Stèle e un percorrido xeográfico e sonoro polos derradeiros 50 anos da música contemporánea. Goza de cinco lenzos musicais onde o son amósase coma un elemento tanxible e visible, non só para o oído, tamén para os ollos.
Unha obra interpretada polo conxunto Arxis Ensemble coas pezas “Smart Alienation” de Igor C Silva, “Dust” de Rebecca Saunders, “Stèle” de Gérard Grisey, “Lied Ohne Wörte” de Miguel Matamoro e “Versa est in luctum” de Alberto Posadas.
O equipo artístico complétano Sergi Bayarri Sancho, Nikola Tanaskovic, Noè Rodrigo Gisbert, Sergio Sande, Anna Grenzner, Iñigo Setuaín Antoñanzas coa dirección de Aitor Vázquez.