A artista Isabel Anaya, gañadora do Premio a Mellor Solista de Intercentros Melómanos , ofreceu esta tarde un concerto homenaxe en Galería Vilaseco, organizado pola Asociación Cultural AÏS e presentado por Nilo Casares.
Por segundo ano consecutivo a Asociación AÏS e Intercentros Melómanos colaboraron para impulsar o premio da especialidade de música contemporánea e dar visibilidade aos artistas.
Ademais, durante esta cita cultural para reflexionar sobre a música contemporánea recadáronse fondos para os damnificados pola DANA na Comunidade Valenciana, concretamente para a Federación de Sociedades Musicales de la Comunitat Valenciana. Así, Galería Vilaseco e a Asociación Cultural AÏS sumáronse á iniciativa ‘Todos a una por Valencia’ impulsada polo Consorcio de Galerías e as asociación de galerías de arte moderno e contemporáneo.
O obxectivo é contribuír coas doazóns dos asistentes para reconstruír a escena artística de Valencia. Todas as galerías en España organizáronse a través de distintas iniciativas e subastas solidarias para recadar fondos. No caso do concerto de Isabel Anaya promovido pola Asociación Cultural AÏS, o cartel, deseñado polo artista Manolo Sánchez Peris, representa ás vítimas da DANA.