Celebramos na Fundacion CIEC o 100 aniversario da Casa Núñez de Betanzos co concerto a piano “Shadow” de Magdalena Cerezo Falces.
Presentado pola actriz Chus Álvarez, mergúllate nos segredos desta casa modernista centenaria, actual sede do Centro Internacional da Estampa Contemporánea, unha experiencia abraiante para os sentidos.
Magdalena Cerezo é unha pianista española especializada na música contemporánea, que investiga o rol cultural do piano co obxectivo de atopar novas formas de integralo co arte performativo e multimedial. Fundadora do dúo LAB51 e membra do Arxis Ensemble, ten traballado con compositores coma Beat Furrer, Helmut Lachenmann, Bernhard Lang e Rolf Riehm e actuado nos auditorios e festivais máis recoñecidos de Europa.