NEXOS é un ciclo de diálogos musicais arredor das confluencias entre a música e o arte contemporáneos dirixido e coordinado polo compositor Hugo Gómez-Chao e a Asociación Cultural Aïs. A primeira sesión do ciclo, que terá lugar o sábado 7 de decembro ás 20:00 horas, contará coa participación dos poetas Carlos Catena Cózar, Alba Cid, Claudia González Caparrós e Yolanda Castaño, encargada esta última de moderar o encontro. A parte musical estará protagonizada polas tres estraos absolutas de obras dos compositores Federico Mosquera Martínez, Xesús Xosé Iglesias González e Hugo Gómez Chao Porta, interpretadas polo violinista Florian Vlashi, a violonchelista Ruslana Prokipenko e a soprano Clara Jelihovschi Panas.