Igrexa da Universidade [UDC]
Santiago de Compostela
Continuamos a nosa viaxe cultural entre LENZOS E PARTITURAS; na que iremos transitando por diferentes estudios e galerías de arte, para descubrir a diversos artistas plásticos de Coruña. A música será a mellor compañeira nesta andaina cultural, envolvendo os lenzos, fotografías, esculturas… co vibrante papel das partituras. Música e arte, arte e música.
Hoxe visitaremos á artista Soledad Penalta na súa casa-estudio, pero tamén nos achegaremos ata Santiago de Compostela para gozar da súa ultima exposición individual, PALABRAS ORFAS, unha mostra antolóxica do seu traballo en metal, ubicada na igrexa da Universidade de Santiago de Compostela.
A noiesa SOLEDAD PENALTA é una escultora vocacional con ampla formación e traxectoria; un referente en Galicia de personalidade inquieta e alma creadora.
Comezou coa cerámica en 1972, e desde os 90 traballa con materiais como o ferro, o aceiro e o bronce, creando tanto esculturas para interior, como obra de gran formato para exterior. Son característicos os seus conxuntos de figuras perfiladas, siluetas pesadas pola materia na que están realizadas, pero liviáns polas súas formas: cheas de movemento, lixeiras, ondulantes, sutís e delicadas.
Noé Rodrigo, percusionista alacantino aficando en A Coruña, dará vida á obra de Penalta coa forza de “Rebonds”, un solo para percusión do compositor Iannis Xenakis, que pode traducirse como “rebotes”; impulsos sonoros que removerán o mundo plástico da artista.
Grazas, Noé, polo regalo desta peza contemporánea. Grazas, Soledad, por darnos acubillo no teu fogar e acompañarnos neste paseo pola túa obra, que ten, como alicerces, o movemento, as “luces e sombras” e todas esas mensaxes tan persoais que transportan.
PODES VER LENZOS E PARTITURAS (XI) NA NOSA CANLE DE YOUTUBE.