Resis Festival

CONFLUENCIAS ENTRE MÚSICA E ARTES VISUAIS CONTEMPORÁNEAS
Asociación Cultural AÏS e Asociación Cultural Alexandre Bóveda

LENZOS E PARTITURAS [V] /


Mércores, 6 de xaneiro 2021

20:00h, Estudo Yolanda Dorda
Transmitido a través da
canle de Youtube de AÏS,
Facebook, Instagram e Twitter
MÚSICA

“44 duos for 2 violins, SZ, 98” /
BÉLA BARTÓK
interpretado por Despina Ionescu
e Tomás Ionescu

 

 

Continuamos a nosa viaxe cultural entre LENZOS E PARTITURAS, na que iremos transitando por diferentes estudios e galerías de arte, para descubrir a diversos artistas plásticos de Coruña. A música será a mellor compañeira nesta andaina cultural, envolvendo os lenzos, fotografías, esculturas… co vibrante papel das partituras. Música e arte, arte e música.

A miña cita de hoxe é con Yolanda Dorda, unha pintora nada en Barcelona e residente na Coruña, que ten o seu estudio no barrio de Monte Alto. No seus últimos traballos explora o universo feminino a través da carnalidade, da intimidade e do erotismo. Rostros, corpos e pel amosan a sexualidade en liberdade, o pracer en soidade.

Dous violíns farán tremer os trazos convulsos de Dorda, os de Despina e Tomás Ionescu, que interpretarán varios movementos do húngaro Béla Bartok.

Grazas, Yolanda, Tomás e Despina, por axitar os nosos corpos coa sensualidade da vosa arte.

PODES VER LENZOS E PARTITURAS (V) NA NOSA CANLE DE YOUTUBE.

IDEA ORIXINAL

HUGO GÓMEZ-CHAO PORTA
EQUIPO ARTÍSTICO

ARTISTA PLÁSTICO /
YOLANDA DORDA
VIOLÍN /
DESPINA IONESCU
E TOMÁS IONESCU
GUIÓN E LOCUCIÓN /
CHUS ÁLVAREZ
VÍDEO E EDICIÓN /
IVÁN YUPARI
GRAVACIÓN /
MANUEL EIRÍS
SON /
ÓSCAR DOMÍNGUEZ
FOTOGRAFÍA /
XURXO GÓMEZ-CHAO