Resis Festival

CONFLUENCIAS ENTRE MÚSICA E ARTES VISUAIS CONTEMPORÁNEAS
Asociación Cultural AÏS e Asociación Cultural Alexandre Bóveda

LENZOS E PARTITURAS [II] /


Mércores, 16 de decembro 2020

20:00h, Estudo Emile Gireau
Transmitido a través da
canle de Youtube de AÏS,
Facebook, Instagram e Twitter
MÚSICA

“Tactus” / Polo Vallejo
Fragmentos.
interpretado por Noè Rodrigo

 

 

Continuamos a nosa viaxe cultural entre LENZOS E PARTITURA, na que iremos transitando por diferentes estudios e galerías de arte, para descubrir a diversos artistas plásticos de Coruña. A música será a mellor compañeira nesta andaina cultural, envolvendo os lenzos, fotografías, esculturas… co vibrante papel das partituras. Música e arte, arte e música.

Se comezamos a viaxe cruzando unha porta vermella, a da galería Moret-Art, nesta ocasión abriranos unha porta azul o escultor Emile Gireau, un artista francés afincado na nosa cidade.

Gireau, que traballa con materiais como o metal, a pedra e a madeira, utiliza tamén obxectos de refugallo para darlles unha nova vida, e crea mobles cheos de forza e personalidade. As súas esculturas latexarán hoxe coas notas percutidas de Noé Rodrigo, que encheran o estudio de vida.
Grazas aos dous, Noé, Emile, por esta cita.

PODES VER LENZOS E PARTITURAS (II) NA NOSA CANLE DE YOUTUBE.

IDEA ORIXINAL

HUGO GÓMEZ-CHAO PORTA
EQUIPO ARTÍSTICO

ARTISTA PLÁSTICO /
EMILE GIREAU
INTÉRPRETE /
NOÈ RODRIGO GISBERT
GUIÓN E LOCUCIÓN /
CHUS ÁLVAREZ
VÍDEO E EDICIÓN /
NURIA FERNÁNDEZ
SON E ILUMINACIÓN /
MANUEL FONTE LODEIRO
E ÓSCAR DOMÍNGUEZ CORBACHO