Dous compositores contemporáneos réndenlle homenaxe a dúas obras do Museo de Pontevedra: Bodegón (ca. 1660), de Pedro de Camprobín, e o retrato Cabeza de negra (1946), de Maruja Mallo, elixido con motivo da súa conmemoración no Día das Artes Galegas. Dúas épocas e dúas propostas estéticas para inspirar a creación de dúas obras de música contemporánea, un diálogo na procura de espazos a medio camiño entre a abstracción da linguaxe musical e a figuración da obra visual. Unha música que non se limita a describir a pintura, senón que se presenta a si mesma como materia visual. Visualízase o que non se ve; vese o que se escoita no interior de cada cadro.