Contra(de)cadencia é unha obra exquisita. Editada orixinalmente en galego por Laiovento, fusiona a literatura coas artes e, por vez primeira, publícase en castelán da man da editorial valenciana Edictoralia.
Paco Yáñez, o seu escritor, confiounos os segredos para entender unha obra complexa que fai de contrapunto á cultura de consumo rápido que impera neste momento.
Jorge Berdullas do Río, compositor e percusionista; Joan Gómez Alemany, compositor e artista plástico; e Josep Lluis Galiana, compositor, escritor e editor, acompañaron a Paco Yáñez nunha presentación inesquecible.
Desde a Asociación Cultural AÏS foi un pracer organizar a súa presentación na Fundación Luis Seoane, no marco do ciclo A_NEXOS 2022.
Engadimos unha obra esencial na nosa listaxe de desexos contemporáneos.