ANFIBIA da compañia de danza La Guajira e interpretada e dirixida pola bailarina Ana Beatriz Pérez-Betty é un só de danza, que unifica voz, espazo sonoro e movemento nun acto militante do ser e o estar, de permanecer no aquí e o agora, ao encontro dunha natureza propia e distintiva, co corpo como testemuño.
ANFIBIA como metáfora do cambio, do paso do tempo e da capacidade humana de saberse adaptar ao territorio, mutando cara a novas realidades, axustándose a un novo devir. A peza debuxa a unha muller en cambio continuo. A artista que muta para reinventarse, poñendo en valor a vontade,a forza feminina, a fraxilidade e a beleza.