Resis Festival

Mónica Mura

BODY TALK IV/

“Cuntzertu Pro Sonallas”

Venres, 27 de decembro 2024, 20:30h


Igrexa das Capuchinas
Rúa Panaderas, 42
15002 A Coruña

Acollemos unha acción sonora da recoñecida artista interdisciplinar italiana Mónica Mura. A artista, cuxa traxectoria combina o performance art e o artivismo, presentará Cuntzertu Pro Sonallas, unha proposta que fusiona a tradición cultural e a creación contemporánea. A acción sonora de Mura utilizará cordas e cencerros tradicionais de Cerdeña, pezas forxadas por mestres ferreiros que, na antigüidade, se utilizaban para realizar xestos apotropaicos e afastar os malos espíritos. Esta peza forma parte dunha serie de concertos site-specific realizados nos últimos anos entre España e Italia, que abordan os ritos ancestrais e as exclusións de xénero nas culturas tradicionais.

EQUIPO ARTÍSTICO

PERFORMANCE / MÓNICA MURA