Resis Festival

Alba Fernández Cotelo

BODY TALK III/

Blues de Medianoite

Sábado, 23 de novembro 2024, 19:30h


AC Alexandre Bóveda
Rúa Santo André, 36, 1º

15003 A Coruña

 

 

Body Talk é unha proposta sobre a performance, unha disciplina utilizada como medio de expresión por un número cada vez maior de artistas a nivel nacional e internacional. Cada sesión do ciclo comezará coa execución dunha performance a cargo dunha artista convidada, tras o que se establecerá un faladoiro entre esta e o a historiadora Carmela Galego acerca de cuestións relativas a creación, influencias e identidade, entre outras.

 

Blues de Medianoite entra, a ritmo de blues, no misterio e a sensualidade da noite, achegándonos ás raíces negras no movemento e na música, nunha viaxe no tren clandestino que conduce á liberdade. Pon en valor ás grandes damas do blues e a riqueza rítmica que vén directamente de África, sempre dende un filtro persoal.

É un espectáculo multidisciplinar (danza, música e teatro) e feminista, que parte do histórico para chegar á intimidade de cada persoa, recreando a poética do imaxinario propio deste xénero musical, grazas á luz, que nos traslada ó club, ó tren, ó cruce de camiños…

Alba Fernández é bailarina, mestra e coreógrafa de danza contemporánea e urbana, e presidenta de Laboratorio Escénico S. Coop. Galega. Formada en múltiples disciplinas en centros de prestixio nacional e internacional, conta con numerosos premios, como o Sólodos en Danza 2017. É co-coreógrafa e bailarina da compañía Exire e destaca como directora de proxectos escénicos de relevancia en Galiza.

EQUIPO ARTÍSTICO

PERFORMANCE / ALBA FERNÁNDEZ COTELO
CONDUCTOR / CARMELA GALEGOS