Poucas veces a relación entre música e cine acada unha intensidade poética tan acentuada como na obra do cineasta norteamericano Terrence Malick (Ottawa, IL, 1943), con películas tan poderosas como Malas tierras, El árbol de la vida ou To the wonder.
A cuarta edición de A_NEXOS explorará esta relación nunha sesión que contará coa participación do programador, xestor cultural e comisario audiovisual Javier Trigales (A Coruña, 1976) e da pianista Sofía Merchán (Zamora, 1994).
O programa centrarase en dúas célebres suites para piano utiizadas por Malick en dúas das súas películas: Cadros para unha exposición de Modest Mussorgsky, incluída na banda sonora de A árbore da vida (2011); e a barcarola Xuño, unha das doce pezas que formaron parte de As estacións Op. 37 de Piotr Illich Tchaikovsky, integrada na longametraxe To the Wonder (2012).
Este novo diálogo de A_NEXOS estará presentado polo programador, xestor cultural e comisario audiovisual Javier Trigales (A Coruña, 1976).