Instalación artística interactiva + concerto performático baseada na construcción dun gran móbil composto por instrumentos e obxectos sonoros que fai referencia directa ao equilibrio e a cadencia dos soados móbiles do artista estadounidense Alexander Calder.
SESIÓN 1. 05/04/2025 | MUNCYT | 11:30-13:30H Sentir e comprender o espazo. Unha experiencia inicial para explorar e experimentar as dimensións, texturas, sensacións e posibilidades expositivas (acústicas, lumínicas, #etc) que o espazo (a sala museística e a súa arquitectura) ofrece, conectando cos sentidos, o corpo e o performativo.
SESIÓN 2. 12/04/2025 | MUNCYT | 11:30-13:30H A poesía das formas: Mirou e Calder como inspiración. Unha xornada para descubrir a linguaxe visual de Mirou e Calder, reinterpretando as súas formas a través do universo creativo de cada participante, mediante técnicas sinxelas de impresión 3D.
SESIÓN 3. 26/04/2025 | MUNCYT | 11:30-13:30H Móbiles que danzan no aire. Creación de pezas metálicas que se moven suavemente, explorando o equilibrio, o movemento e a luz.
SESIÓN 4. 03/05/2025 | MUNCYT | 11:30-13:30H Exploración táctil e visual do son: unha sinfonía sensorial. O son como materia creativa. Un achegamento inclusivo ao mundo sonoro, utilizando vibracións, luces, sensores que transformen o son en experiencia máis aló do audible. Inspirándose en John Cage, os participantes experimentarán con sons, ruídos e silencios, converténdoos en parte dunha instalación única.
SESIÓN 5. 10/05/2025 | MUNCYT | 11:30-13:30H Ritmo e palabra: interpretando a Rilke. Un encontro coa poesía onde as palabras convértense en ritmo, movemento, luz e expresión corporal.
SESIÓN 6. 17/05/2025 | MUNCYT | 11:00-13:00H Cables e imaxinación: tecnoloxía ao servizo da arte. Xornada para experimentar coa tecnoloxía a través de múltiples medios e interaccións, ampliando as posibilidades da creación artística axudándonos mediante a construción dunha escultura lumínica e sonora, que altera elementos comúns do laboratorio químico; coa intención de que cada participante utilice eses “recursos anodinos” para, mediante os seus propios coñecementos e habilidades, “fabricar” un ecosistema singular e extraordinario.
SESIÓN 7. 17/05/2025 | MUNCYT | 13:00-15:00H Posta en acción de todos os dispositivos, ensaio da proposta performática, dramaturxia e escena.