Resis Festival

A PROXECCIÓN SONORA [III]


Domingo, 26 de maio 2024, 13:00h

Museo Nacional de Ciencia
y Tecnología MUNCyT

A Coruña

Proxección Sonora é un proxecto escénico e musical deseñado para favorecer o acceso igualitario e inclusivo á cultura, achegando a música contemporánea a persoas con diferentes capacidades, e fomentando a experimentación e participación activa.

Este ano a proposta está inspirada na obra “La fabbrica illuminata” (1964), de Luigi Nono, e o concerto será o resultado de diversos obradoiros de expresión corporal, paisaxismo sonoro e percusión, impartidos polos docentes Chus Álvarez e Wilson Ortega, actriz e músico respectivamente. Ademais dos números musicais, interpretados polo alumnado, descubriremos a vida e obra de Nono ubicando ao público no contexto do espectáculo, unha fábrica na que os traballadores e traballadoras reclaman os seus dereitos, dando luz e voz á revolución.

EQUIPO DOCENTE


Wilson Ortega
Chus Álvarez

PRESENTACIÓN | 6 DE ABRIL


I ENCONTRO | 13 DE ABRIL


II ENCONTRO | 20 DE ABRIL


III ENCONTRO | 27 DE ABRIL


IV ENCONTRO | 4 DE MAIO


V ENCONTRO | 11 DE MAIO


VISITA GUIADA MUNCYT | 18 DE MAIO


ENSAIO XERAL | 24 DE MAIO


CONCERTO | 26 DE MAIO