Por segundo ano consecutivo, participamos na convocatoria de cultura inclusiva da Fundación Emalcsa co proxecto “A Proxección Sonora II”. “A procura da ritmo e luz” da man dos docentes da formación musical de Arxis Ensemble, a creadora visual Gosia Trebacz, a colaboración do departamento tecnolóxico do Museo de ciencia e tecnoloxia MUNCYT e as asociacións ACOPROS e FAXPG.
Os obradoiros comezaron no mes de marzo e remataron no mes de maio cun concerto final onde docentes e alumnado desenvolveron unha proposta de música percusiva e luz onde os obxectos, en concreto 16 lámpadas, dialogaban coa música.
A mostra do proxecto enmarcouse nun concerto na VI Edición do Festival RESIS, celebrada na primavera do 2023, o que permitiu crear unha especial simbiose entre ambos eventos.
A PROXECCIÓN SONORA é un proxecto financiado pola Fundación Emalcsa, ao abeiro da VI Convocatoria ‘Cultura accesible e Inclusiva’, dirixida a apoiar a entidades que favorezan o acceso igualitario e inclusivo á cultura. Nesta ocasión desenvolveremos o traballo en colaboración con dúas entidades sen ánimo de lucro da Coruña que traballan con persoas con discapacidade auditiva: ACOPROS ASOCIACIÓN DE COLABORACIÓN E PROMOCIÓN DAS PERSOAS XORDAS Entidade que se encarga de representar e defender os intereses globaIs das persoas con discapacidade auditiva e das súas familias, sensibilizando á sociedade en relación coa sordeira e promovendo o diagnóstico precoz e a atención temperá FAXPG FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE PERSOAS XORDAS DE GALICIA Entidade que traballa polo desenvolvemento integral das persoas xordas de Galicia e as súas familias, en condicións de accesibilidade universal, preservando a Lingua de Signos Española (LSE) como valor principal.