Resis Festival

diálogos musicais
Tarkovski / Bach

A_NEXOS /


Sábado, 22 de febreiro 2020

20:00h, Fundación Luis Seoane

 

 

Unha das características da obra de Andrei Tarkovski (1932-1986) é o uso que o cineasta ruso fai do son ambiental nas súas películas, ao que sitúa no mesmo plano expresivo que ás imaxes, nun exercicio de retroalimentación. Se ben é certo que no cine de Tarkovski as bandas sonoras enfáticas non son frecuentes, o artista fai unha excepción coa música de Johann Sebastian Bach, á que recorre en películas como O espelloSolaris ou Sacrificio.

Nesta primeira edición de A_NEXOS, o programador e comisario Javier Trigales analizará a relación entre a obra de ambos artistas na conferencia Tarkovski/Bach: la música de la vida del hombre. Xunto a él, o pianista Carlos Marín Rayo (Madrid, 1994), un dos intérpretes máis destacados da súa xeración, executará tres pezas do compositor alemán: Das alte Jahr vergangen istIch ruf zu dir e Erbarme dich.

EQUIPO ARTÍSTICO
MODERADOR / JAVIER TRIGALES
PIANO / CARLOS MARÍN RAYO